martes, mayo 26, 2020

MÉRCORES 27 DE MAIO


¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡Bos días viking@s!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

Hoxe toca traballar un pouco en lingua galega.

Estades listos ?


LINGUA GALEGA



1- POR QUE ? ou PORQUE

Esta regra ortográfica vale igual para castelán que

 para galego.

 A única diferencia e que en galego o por que 

separado non leva tilde e en castelán sí: 

Por que? en galego

¿ Por qué ? en castelán.




Facemos no libro de lingua galega a páxina 47.

Lembra:
Por que separado para preguntar.
Porque xunto para responder.



2-  A BIOGRAFÍA e AUTOBIOGRAFÍA

Sabes que é unha biografía?


Unha biografía é como unha narración onde se conta a vida de alguén. Unha biografía de Cristobal Colón contará toda a vida de Cristobal Colón dende que naceu ata que morreu.
 Entendes?

E que será unha autobiografía?


Pois unha autobiografía é como unha narración onde se conta a vida propia dun mesmo. É un relato de ti mesmo desde que naceches ata agora onde contas o realizado por ti mesmo.

Que vos parece si facedes a vosa propia 

autobiografía? 

Facemos do libro de lingua a páxina 56. 

Lembra facer  boa letra e pensa o que vas a escribir antes de escribilo.


ACTIVIDADES DE AMPLIACIÓN


SABER MÁIS.

 Deixovos esta biografía dun personaxe moi 

importante: CRISTOBAL COLÓN.

Sabedes quen foi o culpable de que me gusten

 tanto os bombóns?



Gustaríavos debuxar unha carabela?

Carabela Santa María:





BO TRABALLO.

ATA MAÑÁN!!!!!!!!






No hay comentarios:

Publicar un comentario