miércoles, junio 10, 2020

MÉRCORES 10 DE XUÑO


¡¡¡¡¡Bos días viking@s!!!!!

Hoxe levanteime con gañas de facer algo diferente e deixar os libros un pouco de lado.

Non vos preocupedes si non os terminamos. 
Non é necesario.

Como quedan poucos días de clases on-line hoxe decidín traballar en algo que vos gusta moito:

OS DINOSAURIOS.

Pois veña. 
Agora non digades que estades aburridos ou cansos.
Vamossssssssssssssssss dinosauri@sssssssssssssssssssssssssssss


Como sabedes había moitos tipos de dinosaurios.




 Escribe na túa libreta o nome de 10 dinosaurios.
 Recorda que son nomes propios.
Agora tes que elexir o que máis che guste e describilo na libreta e podes debuxalo tamén.


Sabedes por que se extinguiron os dinosaurios?



Imaxinade que mañán pola mañán  saídes a rúa e vos encontrades que os dinosaurios volveron.

Escribide na libreta como sería esa convivencia con eles. Que pasaría?
Recorda escribir polo menos 5 liñas.
 E sede creativos. Podedes contar unha historia, facer un cómic,etc...

E agora que vos parece si damos unha voltiña por un museo moi interesante. 
En Madrid hai un museo que é unha chulada:
 O Museo Nacional de Ciencias Naturais. 
Tendes que ir.
Alí conservan un montón de restos de ósos de dinosaurios.
 Son enormeeeeeeeeeeeeeesssssss.



Para viaxar polo museo entrade neste enlace. Parece que estades no mesmo museo.



E para rematar este tema tan interesante que vos parece si debuxamos dinosaurios?

ACTIVIDADES DE AMPLIACIÓN
VOLUNTARIAS
Para os máis creativos. 




Para os máis cantaríns:



Bo traballo dinosauri@s.

 Ata mañán.




No hay comentarios:

Publicar un comentario